ESTUDIO A CHAN
2020
A Chan, Carballedo, Cerdedo-Cotobade
Promotor: Nós
Arquitectos: María García Couto, Víctor Basoa Maneiro
Empresa construtora: Autoconstrución
Carpintería: José Manuel Amoedo González
Instalación PYL: Decoraciones Abamor C.B.
Fotografías: Juan Carballo
O noso estudo ocupa un antigo ultramarinos construído en 1933 que, tras décadas de uso e diversas intervencións, chegara ata nós alterado ata dificultar a lectura da súa configuración orixinal. A intervención nace da vontade de recuperar o espazo e adaptalo ao seu novo uso sen borrar as pegadas da súa historia.
O proxecto consistiu, máis que nunha reforma, nun exercicio de recuperación. Eli mináronse os elementos que ocultaban a configuración primitiva do edificio, como o falso teito que agochaba a dobre altura e a pasarela perimetral, e incorporáronse unicamente aquelas pezas necesarias para recuperar a lectura do conxunto, como os andeis.
Outros elementos, pola contra, decidíronse conservar tal e como chegaron ata nós. O revoco de cal perdido nas paredes interiores ou a desaparición dun dos escaparates forman parte da historia do edificio e non se intentaron reproducir. O escaparate conservado permite comprender como foi o local orixinal sen necesidade de reconstruír o desaparecido.
Os novos materiais introdúcense con naturalidade, procurando que respondan ás necesidades do proxecto e ao momento no que se incorporan. O taboleiro contrachapado de piñeiro emprégase para resolver de maneira unitaria o pavimento e o mobiliario, utilizando un material tradicional nunha linguaxe propia do noso tempo e claramente diferenciada dos elementos orixinais.
Máis que transformar un antigo ultramarinos nun estudo de arquitectura, este proxecto resume a nosa maneira de traballar: comprender o que xa existe para decidir, con criterio, que merece ser recuperado, conservado ou incorporado.









