









CASA DO POBO DA CORREDOIRA
2020–2022
Outeiro, Corredoira, Cerdedo-Cotobade
Concello de Cerdedo-Cotobade
Arquitectos: María García Couto, Víctor Basoa, Adolfo Agra
Aparellador: Manuel Viéitez
Estruturas: Xosé García Vázquez
Empresa construtora: Eicros Gestión S.L.
Fotografías: Rois Alonso
A reforma e ampliación da Casa do Pobo de Corredoira permitiu recuperar para a parroquia un edificio construído polapropia veciñanza en 1933 e que, durante décadas, funcionou como lugar de encontro e actividade colectiva.
A pesar de manter o seu uso, as limitacións de espazo, a falta de confort e as carencias funcionais da edificación facíancada vez máis difícil a súa utilización. O proxecto parte da vontade de actualizar este equipamento veciñal sen perder oseu carácter sinxelo e recoñecible.
A intervención conserva o volume orixinal e mellora as súas condicións de uso, incorporando unha ampliación destinadaa acoller os novos servizos e aumentar a capacidade do centro. O antigo teleclub, construído posteriormente e con escasacalidade construtiva e funcional, substitúese por unha nova edificación que libera espazo no campo da festa e reorganizao conxunto de maneira máis coherente coas necesidades actuais.
A ampliación desenvólvese arredor da construción existente. Os novos volumes mantéñensepor debaixo da súa cornixae diferéncianse claramente mediante unha linguaxe contemporánea e unha combinación de granito, aceiro e vidro. Osnovos muros de granito nunca entran en contacto directo coa edificación primitiva, resolvéndose os encontros medianteelementos lixeiros que permiten distinguir con claridade o existente do engadido. No lateral leste da edificación disponse unha terraza cuberta e transparente que amplía a capacidade do centro e ocupa o espazo que tradicionalmente se empregaba para ampliar de forma temporal a capacidade do edificio durante as festas da parroquia. A súa apertura cara á paisaxe permite prolongar os usos do edificio e reforzar a relación co entorno.
O proxecto busca mellorar as condicións de uso do equipamento e garantir asúa continuidade como espazo de encontropara a parroquia, adaptándoo ás necesidades actuais sen alterar o seu carácter veciñal.
