GARCÍA | BASOA é un estudio de arquitectura fundado por María García Couto e Víctor Basoa Maneiro en 2008.

Desenvolvemos o noso traballo principalmente en Galicia, en proxectos de arquitectura, rehabilitación, patrimonio e espazo público para clientes particulares e administracións públicas.

A nosa experiencia abrangue intervencións sobre edificios históricos, vivenda, equipamentos e espazos urbanos, sempre desde unha mesma forma de entender o proxecto: analizar con rigor as condicións de partida, construír con coherencia e acompañar a obra ata a súa execución.

O interese pola construción, os materiais e as formas tradicionais de edificar forma parte da nosa traxectoria profesional e persoal. Esa relación co oficio e co patrimonio construído inflúe na maneira en que abordamos cada intervención, tanto en edificios existentes como en proxectos de nova planta.

Colaboradores:
José Luis Fernández Juanes, aparellador
Xosé A. García Vázquez, cálculo de estruturas
Laura García Couto, restauradora e conservadora de ben culturais
Rosa Herráiz Cabanas, arquitecta e deseñadora
Alfredo Agra Gutiérrez, topografía

Scroll al inicio