A arquitectura xorde da compresión do lugar, da construción e das persoas.Por iso, antes de tomas decisións, procuramos analizar as condicións concretas de cada proxecto: oterritorio no que se insire, as preexistencias coas que traballa, os recursos dispoñibles e as necesidades de quen o vai habitar ou utilizar.
Interésannos os proxectos que responden ao seu contexto e que son capaces de aproveitar o que xa existe. En ocasións isto significa conservar e recuperar elementos construídos; noutras, adaptar unha tipoloxía tradicional a novas formas de uso ou incorporar unha arquitectura contemporánea nun contorno consolidado. Cada situación require unha resposta diferente.
Entendemos a construción como unha parte fundamental do proxecto. Prestamos especial atención á forma de construír cada intervención, aos materiais empregados e á resolución dos detalles, procurando que as decisións técnicas e construtivas formen parte dunha resposta coherente. A obra é para nós un espazo de aprendizaxe e revisión constante, no que moitas decisións se contrastan coa realidade construída.
Traballamos en proxectos de distinta escala e natureza, desde vivendas e rehabilitacións ata intervencións en patrimonio, equipamentos e espazo público. En todos eles compartimos unha mesma actitude: comprender as condicións de partida, tomar decisións fundamentadas e acompañar o proxecto ata a súa construción.
